Na estación

O entrar na estación  puiden saborear o aroma de cada un dos viaxeiros. Sentir na miña pel os latexos dos corazóns desenfreados que alí se reunían. Meus oídos estaban saturados, demasiado coma para sentir aqueles sons, que a pel tan ben recoñece, escoitando neles os distintos sentimentos. Ante os meus ollos presentábase os andeis, feitos en pedra porosa coma o perfil dunha pera recen cortada. Aquel anden que aínda cheiraba o perfume da túa ausencia.

               Tristeza e alegría, eses eran os dous sabores que podían saborearse naquela estación. A alegría dos que chegan e a tristeza dos que se van. O fume das maquinas xa non existen, foron sustituidos polo ruído silencioso dos trens actuais. Pero se algo perdura, se aínda algo pode sentirse coma antes, son os sentimentos. Poden ouvirse nas miradas. Se non me cres, fai o esforzo de escoitar unha bagoa. Pensaras “que tolería” mais eu teño a miña teoría; as bagoas nacen das emocións e se se lles presta atención, nelas pode ouvirse cal sentimento as fixo florecer. E nesta bagoa furtiva que esvara polas miñas meixelas e morre nos meus beizos podes escoitar o teu nome mentres eu saboreo a túa ausencia...